BDNS (Identif.): 864961.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/864961
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado matriculado nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo, ou que estea en condicións de matricularse no momento da formalización do contrato, que non goce doutras axudas para a formación de persoal investigador cuxa data de finalización dos estudos que deron lugar á obtención do/dos título/s que habilitan o acceso ao programa de doutoramento, ou da superación de 60 créditos de posgrao, se é o caso, sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2023, salvo as excepcións recollidas na base 5.c) da convocatoria.
Segundo. Obxecto
O obxecto destas axudas é financiar a formación de dez persoas tituladas integradas en grupos de investigación que estean a realizar a tese de doutoramento na Universidade de Vigo e que, en función da súa capacitación e formación, poidan converterse en novo persoal investigador en formación mediante a formalización dun contrato predoutoral en calquera área de coñecemento científico de tres anos de duración, conforme o artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, modificado pola Lei 17/2022, do 5 de setembro.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 3 de novembro de 2025 pola que se convocan, por tramitación anticipada, as axudas para a contratación de persoal investigador predoutoral en formación para o exercicio 2026.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de oitocentos vinte mil euros (820.000 €), segundo a distribución por anualidades para 2026, 2027, 2028 e 2029 establecida na convocatoria.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o día 4 de novembro ata o 1 de decembro de 2025.
Vigo, 3 de novembro de 2025
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Belén Rubio Armesto
Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación
