DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 5 de novembro de 2025 Páx. 57321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan os propietarios da zona de concentración parcelaria de Buscás (San Paio) (Ordes-A Coruña) para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de San Paio de Buscás (Ordes-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 09 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 28 de outubro de 2025

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Buscás-San Paio (Ordes-A Coruña)

DNI/nome

Núm. prop.

Acto notificado

32300231C

27

RDX 19.09.2025

76337485W

39

RDX 19.09.2025

32416182M

57

RDX 19.09.2025

10757317X

110

RDX 19.09.2025

32191529Q

249

RDX 19.09.2025

32328612L

337

RDX 19.09.2025

76365604S

366

RDX 19.09.2025

Manuel Regueira Pereira

420

RDX 19.09.2025

32300544B

470

RDX 19.09.2025

76296118N

626

RDX 19.09.2025