DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 5 de novembro de 2025 Páx. 57358

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de execución subsidiaria de xestión da biomasa.

Mediante decretos da Concellaría de Medio Ambiente e Axenda 2030, acórdase ordenar a execución forzosa mediante a execución subsidiaria de limpeza de parcelas consistente na xestión da biomasa das parcelas referidas no cadro adxunto.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou o medio a que se refire o punto 1º do presente artigo, ou ben intentada a notificación, non se puidese efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e porase en coñecemento da persoa interesada que o contido íntegro do mencionado decreto atópase á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Tomiño, de conformidade co disposto no artigo 46 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Unha vez transcorrido o dito prazo, a notificación enténdese producida e a persoa interesada poderá interpoñer os seguintes recursos: a) Con carácter potestativo, recurso de reposición, ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación. Se transcorre un mes desde o día seguinte ao da interposición do recurso de reposición sen que este fose resolto e notificado, poderá entender que foi desestimado e interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de seis meses. b) Recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, dentro do prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da notificación. Poderá interpoñer calquera outro que crea conveniente ao seu dereito.

Nº de expediente

Nome/DNI/CIF

Referencia catastral

1880/2024

Severino González Álvarez

36054A052001650001RJ

2216/2024

Manuel Guerreiro Pousa

36054C508009150000DA

1763/2024

En investigación

36054A062001920001RI

1957/2024

En investigación

36054C510011010000DI

2291/2024

Manuel Quintas

36054A008004370000EB

373/2025

35552131L

36054A069000070000EM

2881/2023

En investigación

36054A028004490001RD

2040/2024

Isolina Alonso Senra

36054A061003660000EI

2020/2024

35565653V

36054A013001420000EP

Tomiño, 14 de outubro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Acordo do 21.7.2023)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente e Axenda 2030