En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar o expediente de extinción por caducidade da seguinte concesión:
Solicitante: Andrés Mariño Frade.
DNI: ***8975**.
Expediente: E-1405-P.
Caudal máximo instantáneo: 12,00 l/s en xornada de 8 horas-equivalente a un caudal continuo de 4,00 l/s.
Destino: rega de 45,352 ha.
Orixe: río Ulla.
Lugar: Baíña.
Parroquia: A Baíña (San Pedro).
Concello: Agolada.
Provincia: Pontevedra.
Causa da extinción: extinción por caducidade.
Servidumes: non se coñecen.
Iniciación: de oficio.
A resolución do título concesional e o plano indicativo poden consultarse na sección de participación pública do Portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia. xunta.gal), e o expediente obxecto de extinción pode consultarse nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, núm. 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña); para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 881 99 90 97.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2025
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro
