DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 6 de novembro de 2025 Páx. 57473

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

ANUNCIO do 24 de outubro de 2025 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de profesorado asociado.

Este reitorado, en cumprimento do acordado polo Consello de Goberno desta universidade na sesión do día 26 de setembro de 2025, fai público que, pola Resolución do 24 de outubro de 2025, se convoca concurso público para a provisión das prazas de profesorado asociado que se relacionan no anexo I.1 da citada resolución.

A relación de prazas convocadas e as bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/135652/carga.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatoriaspdi/profesora-asociadoa-pacs

As solicitudes deberán presentarse, a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2025

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado