DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 6 de novembro de 2025 Páx. 57533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de outubro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesión de augas (expediente 553-F-857 e dezaseis máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente 553-F-857 e dezaseis máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

553-F-857

Andrés Campos López

15.10.2025

E-76-1214-P

Comunidade hereditaria de José Soengas Varela e outros

15.10.2025

E-224-M-S

José Lamas Daparte e outros

15.10.2025

214-M-S

María Calviño Diéguez e outros

15.10.2025

1434-F-856

Manuel Diéguez Noguerol e outros

15.10.2025

E-43-4239-P

Claudina González Otero

15.10.2025

880-507

Juan Novas Torres

15.10.2025

E-79-167-P

María Encarnación Souto Toubes e outros

15.10.2025

E-66-257-P

Amalia Blanco Aguerre

15.10.2025

3624-F-941

Francisco Mariño Varela e outros

15.10.2025

33-1628

Isidoro López Espiña

15.10.2025

1076-F-325

Antonio Penas Mejuto e outros

15.10.2025

E-65-6683-C

Antonio Paz Dopico

15.10.2025

E-30-1585-C

José Dopico Gabeiras

15.10.2025

E-1909B-C

Ramiro Rodríguez Carballo

15.10.2025

E-74-448-C

Comunidade de Regantes Antelo-Lamas-Sánchez

15.10.2025

E-74-447-C

Carmen Antelo Castro

15.10.2025