DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 7 de novembro de 2025 Páx. 57928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de outubro de 2025, polo que se aproban o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de construción da Adaptación da estrada LU-231, Friol-A Baiuca, punto quilométrico (p.q.) 0+000-18+700 (enlace autoestrada A-54) ao Plan de baixa intensidade media diaria (IMD) mellorada. Treito: 9+400-18+700, de clave LU/16/075.10.2, cun orzamento base de licitación, IVE incluído, de catro millóns catrocentos oitenta mil catrocentos dez euros con vinte e oito céntimos (4.480.410,28 euros).

Antecedentes:

Con data do 15 de novembro de 2021, publícase no Diario Oficial de Galicia núm. 219 o Anuncio do 27 de outubro de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción denominado Adaptación da estrada LU-231, Friol-A Baiuca, puntos quilométricos (pp.qq.) 0+000-18+700 (enlace da autoestrada A-54) ao Plan de baixa intensidade media diaria (IMD) mellorada; treito 9+400-18+700, de clave LU/16/075.10.2, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

En virtude do disposto no artigo 55.6 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia,

RESOLVO:

Publicar o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de outubro de 2025, polo que se aproba o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de construción da Adaptación da estrada LU-231, Friol-A Baiuca, p.q. 0+000-18+700 (enlace da autoestrada A-54) ao Plan de baixa IMD mellorada. Treito: 9+400-18+700, de clave LU/16/075.10.2, que se recolle como anexo a esta resolución.

Contra o dito acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderá formular un recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; sen prexuízo de que, con carácter previo e potestativo, poida formular un recurso de reposición no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de ser un suxeito obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración para a interposición do recurso de reposición deberá empregar o modelo IF321B de recurso en materia de infraestruturas dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/ ante a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2025

María Deza Martínez
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de outubro de 2025, polo que se aproba o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de construción da Adaptación da estrada 

LU-231, Friol-A Baiuca, p.q. 0+000-18+700 (enlace da autoestrada A-54) ao Plan de baixa intensidade media diaria IMD mellorada. Treito: 9+400-18+700, de clave LU/16/075.10.2, cun orzamento base de licitación, IVE incluído,
de catro millóns catrocentos oitenta mil catrocentos dez euros
con vinte e oito céntimos (4.480.410,28 euros)

Primeiro. Aprobar o expediente correspondente aos trámites de información pública e informe das administracións afectadas do proxecto de construción da Adaptación da estrada LU-231, Friol-A Baiuca, punto quilométrico (p.q.) 0+000-18+700 (enlace da autoestrada A-54) ao Plan de baixa intensidade media diaria IMD mellorada. Treito: 9+400-18+700, de clave LU/16/075.10.2, sen modificacións respecto do trazado sometido a información pública.

Segundo. Aprobar definitivamente o proxecto de construción da Adaptación da estrada LU-231, Friol-A Baiuca, punto quilométrico (p.q.) 0+000-18+700 (enlace da autoestrada A-54) ao Plan de baixa intensidade media diaria IMD mellorada. Treito: 9+400-18+700, de clave LU/16/075.10.2.

Consonte establece o artigo 23.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Palas de Rei, no que se asentan as infraestruturas obxecto do proxecto, deberán adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no que se establecen as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo dun ano e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

A aprobación definitiva do proxecto de construción implica a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras, dos depósitos dos materiais sobrantes, dos préstamos necesarios para executalas e para a reposición de servizos afectados, previstos no proxecto, así como para a reformulación do proxecto e as modificacións deste que, se é o caso, puidesen aprobarse posteriormente, e a urxencia da ocupación, todo iso para os efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes, segundo o disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, do 28 de xuño.