Na sesión que tivo lugar o día 5 de novembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, e no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B,
RESOLVE:
Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ao corpo de técnicos de carácter facultativo, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade bombeiro forestal xefe de brigada, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Segundo. Elevar a devandita relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.
De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2025
Concepción Moares Domínguez
Presidenta do tribunal
ANEXO
Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: C1/B (concurso).
Corpo/categoría: corpo de técnicos de carácter facultativo, escala técnica do SPDCIF, especialidade bombeiro forestal xefe de brigada (209U).
Prazas acceso libre: 17.
Prazas acceso pola base I.1.1: 0.
|
Nº orde |
DNI/NIE |
Apelidos, nome |
Quenda |
Puntuación |
|
1 |
***6842** |
Nogueira Caramés, José Luis |
Libre |
85.475 |
|
2 |
***2226** |
Luis Martínez, Diego de |
Libre |
76.40 |
|
3 |
***3803** |
Cerqueiras Saborido, Sergio |
Libre |
74.60 |
|
4 |
***1299** |
Domínguez Gil, Daniel |
Libre |
74.20 |
|
5 |
***1170** |
Couce Cabana, Augusto |
Libre |
73.80 |
|
6 |
***3226** |
Puga Barreiro, Marcos |
Libre |
72.60 |
|
7 |
***7625** |
Sánchez Román, Pablo Vicente |
Libre |
71.90 |
|
8 |
***8855** |
Infante Tenreiro, Juan Esteban |
Libre |
68.705 |
|
9 |
***7961** |
Fernández Monteagudo, Francisco |
Libre |
67.80 |
|
10 |
***3582** |
Expósito López, Abel |
Libre |
66.50 |
|
11 |
***7719** |
Carballo Valcarce, José Manuel |
Libre |
63.12 |
|
12 |
***6586** |
Díaz López, María Ilda |
Libre |
58.80 |
|
13 |
***3788** |
López Fernández, David |
Libre |
57.80 |
|
14 |
***6410** |
Reboiro López, José Manuel |
Libre |
56.36 |
|
15 |
***2563** |
Núñez Álvarez, Hilario |
Libre |
53.30 |
|
16 |
***3088** |
Dos Santos Sarmiento, Víctor |
Libre |
51.46 |
|
17 |
***5386** |
Lema Agra, José Carlos |
Libre |
50.40 |
