Na sesión que tivo lugar o día 10 de xullo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de outubro de 2023 (DOG núm. 192, do 9 de outubro), modificada pola Resolución do 13 de maio de 2025 (DOG núm. 96, do 21 de maio), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo V, categoría 14A, de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal condutor/a, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),
RESOLVE:
Primeiro. Mediante a Resolución do 10 de febreiro de 2025 (DOG núm. 30, do 13 de febreiro) este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso para o ingreso na categoría 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, bombeiro/a forestal condutor/a.
Como consecuencia da estimación dun recurso de alzada, este tribunal acorda modificar a dita resolución con relación á puntuación da seguinte persoa aspirante:
Francisco Ferreiro Felpeto, con DNI ***7392**.
Segundo. A puntuación definitiva obtida tras a modificación reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
Terceiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria, e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren os documentos previstos na dita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Cuarto. Elevar a dita relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.
De acordo co disposto na base V.13 da convocatoria, contra este resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2025
David Prieto Fernández
Presidente do tribunal
ANEXO
Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: grupo V (concurso-oposición).
Corpo/categoría: bombeiro/a forestal condutor/a (014A).
Prazas de acceso libre: 14.
Prazas de acceso pola base I.1.1: 0.
|
Nº orde |
DNI/NIE |
Apelidos, nome |
Quenda |
Puntuación |
|
1 |
***7186** |
Álvarez García, Lino |
Libre |
74,635 |
|
2 |
***9633** |
López Vázquez, Alberto |
Libre |
67,715 |
|
3 |
***9180** |
Doval Rey, María Dolores |
Libre |
66,250 |
|
4 |
***7392** |
Ferreiro Felpeto, Francisco |
Libre |
64,835 |
|
5 |
***0019** |
Blanco Vázquez, Ángel |
Libre |
64,550 |
|
6 |
***1843** |
Álvarez Sotelo, Raúl |
Libre |
61,155 |
|
7 |
***6893** |
Blanco Outeiriño, Luis |
Libre |
60,720 |
|
8 |
***0933** |
Pampín Rodríguez, Alejandro |
Libre |
60,500 |
|
9 |
***1522** |
Pérez Rama, José Antonio |
Libre |
60,425 |
|
10 |
***2392** |
Fernández Águila, Juan Carlos |
Libre |
56,970 |
|
11 |
***4331** |
Carballeira González, Emerio |
Libre |
55,960 |
|
12 |
***3203** |
García Penas, Tania María |
Libre |
55,410 |
|
13 |
***1970** |
Fernández Álvarez, Daniel |
Libre |
55,145 |
|
14 |
***9672** |
Cibreiro Vizoso, Noelia |
Libre |
55,000 |
