Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (persoas interesadas), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Lugo, 23 de outubro de 2025
Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Expediente |
Parte contraria notificada |
Resolución notificada |
|
PR204A 2025/4221-2 |
Tatiana Teijeiro Fernández |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/4758-2 |
Antonio Fernández García |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/4449-2 |
Ángela Vázquez Quintián |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/4713-2 |
José Luis Fernández López |
Desestimatoria |
|
PR204A 2025/4719-2 |
Álvaro Díaz Castaño |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/4719-2 |
Vista Buena Kenzos, S.L. |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/4756-2 |
Jhoselin Andrea Orejuela Camacho |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/4852-2 |
Amaro López Rivero |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/4855-2 |
Teresa Pajares Vázquez |
Estimatoria |
|
PR204A 2025/4868-2 |
Moss Petroleum, S.L. |
Estimatoria |
