DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 7 de novembro de 2025 Páx. 57865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 23 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, da memoria ambiental estratéxica sobre o Plan xeral de ordenación municipal do concello de Viveiro (expediente 2010AAE0404).

Faise pública a Resolución do 22 de outubro de 2025 pola que se formula a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica sobre o Plan xeral de ordenación municipal do concello de Viveiro, en cumprimento do disposto na devandita resolución.

O proceso de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, está integrado nos procedementos de aprobación de instrumentos de planeamento urbanístico regulados na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Esta memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2010AAE0404).

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade