DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 7 de novembro de 2025 Páx. 57869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 24 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para adaptalo ás determinacións derivadas da redución da servidume de costas en diversos ámbitos do concello, no concello de Boiro (expediente 2025AAE3022).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 23 de outubro de 2025 sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para adaptalo ás determinacións derivadas da redución da servidume de costas en diversos ámbitos do concello, no concello de Boiro.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2025AAE3022).

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade