A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 16 de outubro de 2025, adoptou os seguintes acordos:
1. Iniciar o proceso de provisión das prazas de funcionario/a, grupo A, subgrupo A2, técnico/a de xestión de Recursos Humanos, e grupo C, subgrupo C1, Policía municipal, mediante oposición libre, de acordo co cadro de persoal aprobado polo Pleno da Corporación con data do 29 de agosto de 2025.
2. Aprobar as ofertas de emprego público para o ano 2025, referidas ás prazas que se indican:
2.1. Técnico de xestión de Recursos Humanos.
a) Grupo/subgrupo: A/A2.
b) Clasificación:
– Escala: Administración xeral.
– Subescala: técnico/a de xestión de Recursos Humanos.
– Denominación: técnico/a de xestión de Recursos Humanos.
c) Vacantes: unha (1).
d) Sistema: acceso libre.
e) Forma de provisión: oposición libre.
2.2. Policia local.
a) Grupo/subgrupo: C/C1.
b) Clasificación:
– Escala: Administración especial.
– Subescala: servizo especial.
– Denominación: Policía municipal.
c) Vacantes: unha (1).
d) Sistema: acceso libre.
e) Forma de provisión: oposición libre.
Quiroga, 16 de outubro de 2025
José Luis Rivera Castro
Alcalde
