DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 7 de novembro de 2025 Páx. 57921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de outubro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente E-71-P e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-71-P e sete máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular/es

Data do oficio

E-71-P

Manuel Fernández Torres e Ramón Rey Rodríguez

23.10.2025

341-M-S

Luis Mato García

23.10.2025

348-M

Manuela Iglesias Blanco

23.10.2025

E-210-M-S

Adolfo Vilela Lauren
Andrés Vázquez Barreiro
Aurelia Brandariz Cao
Benito Andrade Toubes
Daniel Agra López
Dolores Oleiro Arteaga
Francisco Conde Souto
Francisco Couto Blanco
Francisco Tato Torres
José Brandariz Couto
José Cao Peiteado
José Duarte Pena
José Fernández
José María Botana Martínez
Manuel Iglesias
Manuela Oleiro Arteaga
María Josefa Oleiro Arteaga
Modesto Diéguez Pereiro
Ramón Oleiro Arteaga
Ramón Santas Pérez
Ricardo Souto Souto
Rosalía Rey Blanco
Santiago Carlín Torres
Serafín Veiga Silva
Victoriano Grego Torres

23.10.2025

209-M-S

Generosa Salgado Curros

23.10.2025

211-M-S

Manuel Lodeiro Santiso

23.10.2025

E-55-7459-P

Carolina Areán Brea

23.10.2025

E-30-P

Manuel García Otero

23.10.2025