De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
Os actos adoptáronos o director xeral do IGVS e a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Ourense.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, núm. 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 27 de outubro de 2025
Esther Rodríguez Casal
Xefa da Área Provincial de Ourense
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE |
Acto obxecto de notificación |
|
VI582F3200348 |
X8750542P |
Resolución de denegación da axuda do Programa do bono de alugueiro social |
|
VI582F3200476 |
Y9370147F |
Resolución de declaración da perda do dereito á axuda do Programa do bono de alugueiro social |
