DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 2025 Páx. 58136

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan propietarios da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña), para seren notificados por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), propietarios da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña), que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica o acordo de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 46 13, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra este acto, que non pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de acordo co establecido no artigo 42.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

A Coruña, 23 de outubro de 2025

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Zona de Concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña)

DNI/nome

Nº prop.

Acto notificado

76483376G

77

Trámite de audiencia

32419874V

171

Trámite de audiencia

32765618W

316

Trámite de audiencia

Ángel Vilariño Vilariño

401

Trámite de audiencia

José María Vilariño Vilariño

401

Trámite de audiencia

32839954W

411

Trámite de audiencia