DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 2025 Páx. 58139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de reestruturación parcelaria de Dodro Laíño (Dodro-A Coruña) para ser notificado dunha resolución que modifica o acordo de reestruturación da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de reestruturación parcelaria de Dodro Laíño (Dodro-A Coruña), que figura no anexo, para ser notificado dunha resolución que modifica o acordo de reestruturación da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 46 13, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra este acto, que non pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de acordo co establecido no artigo 42.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

A Coruña, 24 de outubro de 2025

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Zona de reestruturación parcelaria de Dodro Laíño (Dodro-A Coruña)

DNI/nome

Nº prop.

Acto notificado

33038423G

555

RDX 4.10.2025