Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Soterramento da LAMT LAR703, Alvite 3, desde o apoio A4A9HN7E//46-32-A-6, no concello da Laracha (expediente IN407A 2023/447-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa consistorial do referido concello, segundo o calendario e o horario aproximado que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 27 de outubro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/447-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: soterramento da LAMT LAR703, Alvite 3, desde o apoio A4A9HN7E//46-32-A-6.
Concello: A Laracha.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
|
1 |
Agra da Porta |
15042A171000120000RE |
José Carracedo |
16.1.2026 |
11.45 |
