DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 2025 Páx. 58161

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación das bases xerais reguladoras das convocatorias das prazas incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2023, 2024 e 2025, e específicas, e da convocatoria das prazas incluídas na oferta de emprego público de 2023.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 211, do 4 de novembro de 2025, publicáronse as bases xerais das convocatorias das prazas incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2023, 2024 e 2025.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 211, do 4 de novembro de 2025, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir dúas prazas de oficial administrativo, unha da subescala auxiliar e outra da subescala administrativa da Administración xeral (persoal funcionario de carreira), incluídas na oferta de emprego público de 2023.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases.

Bergondo, 4 de novembro de 2025

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa