DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 2025 Páx. 58169

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de nomeamento de policía local como funcionario de carreira no Concello de Ribeira.

Mediante o Decreto da Alcaldía, do 6 de outubro de 2025, resolveuse nomear a Iván Reboiras Gómez, con DNI número ***3804**, funcionario de carreira do Concello de Ribeira, da escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local, grupo C1, no posto co código RPT 09.132.00.27.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.

Ribeira, 16 de outubro de 2025

María José Sampedro Fernández
Alcaldesa