De conformidade co disposto no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa á actuación administrativa en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas polo artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, non tendo constancia de ningún domicilio, notificáselle á persoa interesada, por medio de anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez días (10 días), contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias municipais, na praza Consistorio, núm. 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
|
Nº de expediente |
Referencia catastral |
Datos parcela |
Acto notificado |
Interesado |
|
626/2025 |
36001A032004160000SK |
Lg. Carballeira-Mourentán, solo, polígono 32, parcela 416, Carballeira 36437 Arbo (Pontevedra) |
Resolución da Alcaldía nº 375/2025 |
González Sabariegos Baena, Manuel Alejandro |
Arbo, 20 de outubro de 2025
Horacio Gil Expósito
Alcalde
