No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 236, do 14 de outubro de 2025, publícanse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria de probas selectivas para a provisión dunha praza de albanel (C2) para a súa contratación mediante contrato de substitución (relevo) e formación dunha bolsa para cubrir necesidades futuras, mediante o sistema de concurso-oposición libre.
De conformidade co disposto no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, publícase o anuncio de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Vilalba, 20 de outubro de 2025
Marta María Rouco Seoane
Alcaldesa
