En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A15.15099 e dous máis.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2025
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titulares |
VMA (m³) |
Orixe |
Destino |
Lugar (L) |
|
DH.A15.15099 |
José Ramón P. Alonso Penas e Manuel Montero Fernández |
946 m³ |
Manancial |
Doméstico |
L: O Chapazo |
|
DH.A36.4024 |
Manuel Ave Castro |
631 m³ |
Manancial |
Doméstico |
P: Cela |
|
DH.A15.16523 |
Comunidade de Usuarios de Entrecruces |
13.184 m³ |
Tres mananciais |
Doméstico |
L: San Xens |
