DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 2025 Páx. 58142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 24 de outubro de 2025 polo que se notifica o acordo de iniciación do expediente sancionador DH.D15.109752.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa titular do NIF 76779210N o Acordo de iniciación de expediente sancionador, do 10 de outubro de 2025, ditado no procedemento de denuncia en materia de verteduras DH.D15.109752.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o cal, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Así mesmo, indícase que poderá presentar alegacións, ante a Área de Verteduras de Augas de Galicia, no prazo de quince días contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2025

Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia