DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 2025 Páx. 58328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 5 de novembro de 2025 de trámite de información pública do estudo de impacto ambiental do proxecto de remodelación das instalacións portuarias de Corcubión (expediente PRG-2021-0338).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), sométese ao trámite de información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto de remodelación das instalacións portuarias de Corcubión.

Durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación estará dispoñible ao público para a súa consulta na seguinte ligazón da páxina web de Portos de Galicia:

https://portosdegalicia.gal/es/web/portos-de-galicia/procesos_informacion_publica

O proxecto básico de remodelación das instalacións portuarias de Corcubión será sometido á avaliación de impacto ambiental ordinario. Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Durante o prazo sinalado, as alegacións, observacións ou suxestións que as persoas interesadas consideren oportunas serán dirixidas ao presidente de Portos de Galicia, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2025

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia