DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 2025 Páx. 58278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 27 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-PR212B/2025/02002 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

As resolucións dos expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalas no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Tales resolucións non esgotan a vía administrativa, polo que cabe formular contra elas recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, as resolucións serán firmes.

Pontevedra, 27 de outubro de 2025

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-PR212B/2025/02002

77546977Q

PO-PR212B/2025/02410

44077650J

PO-PR212E/2025/01206

197042386

PO-PR212E/2025/01721

593780826

PO-PR212E/2025/02332

77465486Z