De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 28 de outubro de 2025 do proxecto de urbanización da UE industrial II-04 Santo Andrés de Comesaña, no concello de Vigo (Pontevedra), promovido por Global Fitness Sport, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
