DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 2025 Páx. 58303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 20 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente BS611A 2025/3356-1 e cinco máis.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para notificarlles os actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as ditas persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atender ao acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación, practicada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teranse por desistidas da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A Coruña, 20 de outubro de 2025

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa

interesada

Acto administrativo

Data do acto

administrativo

2025/3356-1

X8293418D

Requirimento da emenda da solicitude

25.8.2025

2025/3565-1

32948132B

Requirimento da emenda da solicitude

1.8.2025

2025/3607-1

Z0643737H

Requirimento da emenda da solicitude

5.8.2025

2025/3610-1

Z0643772F

Requirimento da emenda da solicitude

6.8.2025

2025/3877-1

76949176P

Requirimento da emenda da solicitude

20.8.2025

2025/4339-1

32424273T

Requirimento da emenda da solicitude

16.9.2025