DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 2025 Páx. 58317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de outubro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vedra (expediente DH.A15.68239).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Rivadulla, S.L.

DNI: ***7948**.

Expediente: DH.A15.68239.

Volume total anual: 21.843 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,6976 l/s.

Destino: industrial.

Orixe: X= 546701; Y= 4734467 (fuso29 ETRS89).

Lugar: Prado Vello.

Parroquia: San Mamede de Ribadulla (San Mamede).

Concello: Vedra.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas procedentes dun manancial subterráneo mediante tres pozos artesáns contiguos na parcela 15090A507015620000AB. A auga é levada, en tubo de PE de 60 cm de diámetro, ata os depósitos localizados nas instalacións onde se realiza o consumo, con destino ao uso industrial que inclúe o matadoiro de aves, cámaras frigoríficas e resto das instalacións necesarias da mercantil, na parcela 002204600NH43F0000KU.

O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 881 99 90 97.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2025

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro