DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 2025 Páx. 58533

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín

RESOLUCIÓN D89/2025, do 5 de novembro, pola que se nomea profesora permanente laboral na praza PPL-02.

De conformidade coa proposta de provisión elevada pola comisión de selección nomeada para xulgar as probas selectivas da praza de profesorado permanente laboral PPL-02 do Centro Universitario da Defensa situado na Escola Naval Militar (en diante, CUD-ENM), convocada pola Resolución D46/2025, do 30 de xuño (DOG do 10 de xullo), e presentada pola candidata proposta a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria.

Esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a Leticia Pérez Rial, con DNI ***9549**, profesora permanente laboral do CUD-ENM.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato pola persoa interesada.

Marín, 5 de novembro de 2025

José Martín Davila
Director do Centro Universitario da Defensa-Escola Naval Militar de Marín