De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a resolución do recurso de reposición interposto por ela contra a Resolución do procedemento de reintegro do 18.9.2025, logo de resultar infrutuosos os diferentes intentos de notificación realizados por correo postal certificado, ademais da súa posta á disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para coñecer o contido íntegro da citada resolución, a persoa interesada poderá comparecer nas dependencias do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), situado na rúa Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2025
Juan José Cerviño Varela
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria
ANEXO
|
Expediente |
NIF |
Acto notificado |
|
15/2023/050037 |
32809142X |
Resolución de procedemento de reintegro |
