Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 208, do 28 de outubro de 2025, procede realizar a seguinte corrección na páxina 56010.
Onde di:
«– Bloque B.
…
7. Lexislación de propiedade intelectual. Lei 2/2019, do 1 de marzo, pola que se modifica o texto refundido da Lei de propiedade intelectual. Titularidade. Dereitos persoais ou morais e dereitos patrimoniais. Duración dos dereitos de autor. Entidades de xestión de dereitos de propiedade intelectual. A protección dos dereitos recoñecidos na lei. Ámbito de aplicación. Limitacións e excepcións do copyright para bibliotecas e arquivos».
Debe dicir:
«– Bloque B.
…
7. Lexislación de propiedade intelectual. Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia. Titularidade. Dereitos persoais ou morais e dereitos patrimoniais. Duración dos dereitos de autor. Entidades de xestión de dereitos de propiedade intelectual. A protección dos dereitos recoñecidos na lei. Ámbito de aplicación. Limitacións e excepcións do copyright para bibliotecas e arquivos».
