DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 2025 Páx. 58523

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria de quince prazas de técnico/a da Administración xeral, quenda libre (subgrupo A1), C.E. 2/25.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 93, do 19 de maio de 2025, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, pola delegación da Xunta de Goberno Local, do 8 de maio de 2025, relativas á seguinte convocatoria:

– 15 prazas de técnico/a da Administración xeral, quenda libre (subgrupo A1), C.E. 2/25.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 17 de outubro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica