DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 2025 Páx. 58520

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria de vinte e dúas prazas de técnico/a da Administración xeral, promoción interna (subgrupo A1), C.E. 4/25.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 179, do 19 de setembro de 2025, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 26 de agosto de 2025, relativas á seguinte convocatoria:

– 22 prazas de técnico/a da Administración xeral, promoción interna (subgrupo A1), C.E. 4/25.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 16 de outubro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica