No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 179, do 19 de setembro de 2025, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica por delegación da Xunta de Goberno Local, do 18 de xullo de 2025, relativas á seguinte convocatoria:
– Provisión, polo sistema de libre designación, do posto de Xefatura do Servizo de Acción Social do Concello da Coruña.
O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.
A Coruña, 16 de outubro de 2025
A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica
