DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 2025 Páx. 58500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 28 de outubro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifica a resolución da corrección de erros no expediente de concesión de augas DH.B36.8163.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo da persoa interesada ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada indicada no anexo a resolución de corrección de erros do expediente de concesión de augas DH.B36.8163, por se ter detectado algún erro material.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

A persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación no TEU do BOE, para presentar as alegacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación
de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data da resolución

DH.B36.8163

José Manuel Torres Pérez

1.8.2025