DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 2025 Páx. 58462

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2025 pola que se nomean profesores e profesoras titulares de universidade (TU2405).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante a Resolución desta universidade do 29 de maio de 2025 (BOE do 12 de xuño) e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria.

Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo) e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberá efectuar no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 30 de outubro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código:

TU2405-T11-785-TU-TC-01

Corpo:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

A0785 Tecnoloxía electrónica

Departamento:

D00T11 Tecnoloxía electrónica

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial

DNI

***8513**

Nome e apelidos

Ana María Cao Paz

Código:

TU2405-T11-785-TU-TC-02

Corpo:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

A0785 Tecnoloxía electrónica

Departamento:

D00T11 Tecnoloxía electrónica

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial

DNI

***2281**

Nome e apelidos

Camilo Quintáns Graña

Código:

TU2405-T14-800-TU-TC-01

Corpo:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

A0800 Teoría do sinal e comunicacións

Departamento:

D00T14 Teoría do sinal e comunicacións

Centro de traballo:

305 Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

DNI

***3406**

Nome e apelidos

Laura Docio Fernández