DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 2025 Páx. 58666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifican a varias persoas interesadas trámites de audiencia en relación cos recursos de alzada contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Catoira (Catoira-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 43, 2º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Pontevedra, 30 de outubro de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

R73

76859329E

Trámite de audiencia

R101

35470912J

Trámite de audiencia

R157

76845239P

Trámite de audiencia

R180

10918449G

Trámite de audiencia

R262

76859272B

Trámite de audiencia

R262

35339824W

Trámite de audiencia

R282

B94150125

Trámite de audiencia

R456

33247738L

Trámite de audiencia