De conformidade co establecido nos artigos 88.2 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 6.2 e 26 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.
Segundo. Poderá concorrer o persoal funcionario de carreira que reúna os requisitos que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.
A persoa funcionaria que, de ser o caso, desempeñe en comisión de servizos o posto obxecto desta convocatoria terá a obriga de participar nela. O incumprimento desta obriga dará lugar á revogación da comisión de servizos.
Terceiro. As solicitudes, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, dirixiranse ao Instituto de Estudos do Territorio, Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas que presenten a súa solicitude presencialmente serán requiridas para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Cuarto. As persoas solicitantes deberán unir á petición o seu currículo e xustificar documentalmente os méritos que aleguen mediante certificación ou copia electrónica auténtica.
Non obstante, conforme o previsto na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais (DOG núm. 237, do 15 de decembro), e concretamente na súa instrución cuarta.2, referida a que os datos do expediente persoal electrónico se empregarán na tramitación dos procesos de provisión de postos de traballo e, así mesmo, poderán empregarse en todos os procedementos en que interveña a persoa interesada en que se considere oportuno, dentro do establecido no dito punto, o persoal empregado público que teña ou tivese no pasado a condición de persoal funcionario ou laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, poderá indicar na súa solicitude que a información relativa ao seu currículo e méritos figura como validada no seu expediente persoal electrónico, e deberá achegar para os efectos xustificativos o informe dos méritos validados do expediente electrónico, que se poderá xerar accedendo á canle do emprego público de Galicia (Fides) a través do enderezo https://fides.xunta.gal
Os méritos alegados e non probados/validados non se terán en conta.
Quinto. Se a persoa seleccionada para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I ten destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma, conforme o previsto no artigo 29 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, e, de ser o caso, no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.
Sexto. A convocatoria resolverase no prazo máximo de dous (2) meses contado desde a data da súa publicación. En caso de non resolverse no dito prazo, declararase a caducidade do procedemento.
A resolución da convocatoria, coa adxudicación do posto a calquera das persoas funcionarias de carreira solicitantes que reúna os requisitos exixidos para o seu desempeño, ou a súa declaración como deserta, por considerar que ningunha das persoas candidatas reúne as características adecuadas para o posto de traballo ou non reúne a idoneidade necesaria para o seu desempeño, ou se non se presentase ningunha solicitude, farase pública no Diario Oficial de Galicia.
Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun (1) mes.
O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar na data que se determine na resolución definitiva da libre designación con convocatoria pública. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar tamén desde a dita data.
Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2025
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático
ANEXO I
Código do posto: MA.O31.00.002.15770.001.
Denominación: director/a do Departamento Técnico de Estudos (Subd. Xeral).
Centro de destino: Instituto de Estudos do Territorio.
Consellería: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Localidade: Santiago de Compostela.
Corpo e/ou escala: xeral/espec./docente.
Grupo/subgrupo: A1.
Nivel: 30.
Complemento específico: 25.283,02 €/ano.
Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).
Tipo de adscrición: A17 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e persoal docente con destino na Comunidade Autónoma de Galicia).
