No Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, tramítase o recurso 549/2025 (procedemento ordinario), interposto por Adrián Nogueira Blanco, Ángel Barreiro Moas, Borja Campo Regueiro, César Varela Valladares, José Antonio Forján Cuns, Nuria Fortes Álvarez, José Pascual Liñán Gil, Víctor Pérez González, Walter Remuiñán Busto e Vanesa Paz Balsa, fronte ao Decreto 52/2025, do 23 de xuño, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Sistema público de saúde de Galicia para o ano 2025 (DOG núm. 126, do 3 de xullo).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
