Na sesión que tivo lugar o día 6 de novembro 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 6 de outubro de 2025 (DOG núm. 197, do 13 de outubro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX), subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 220, do 20 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base 2.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 22 de novembro de 2025, na sala de lectura e na aula nº 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas.
As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de cor azul ou negra non borrable.
Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que poidan valerse as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2025
Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal
