IV. Oposicións e concursos
Consellería de Facenda e Administración Pública
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 31 de outubro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro), modificada pola Resolución do 29 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 229, do 1 de decembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.
Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 217, do 10 de novembro de 2025 e, en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 58095, no anexo da resolución, na posición 14, onde di: «Hierro Sánchez, Miguel Ángel», debe dicir: «Ferro Sánchez, Miguel Ángel».