O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra acordou, na súa reunión do 9.10.2025, aceptar a modificación da revisión do esbozo e a cartografía actualizada dos montes chamados Novelos, Pena Aguda e Requiáns (ID2625) realizada polo Servizo de Montes de Pontevedra, en base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. Con data do 14.9.2022 a CMVMC de Vilar (Crecente) solicitou a revisión do esbozo total dos MVMC denominados Novelos, Pena Aguda e Requiáns (ID2625). A solitude deu lugar ao expediente RE22025 no Servizo de Montes de Pontevedra.
Segundo. O 13.2.2025 publícase no DOG núm. 30 o Anuncio do 24 de xaneiro de 2025 do acordo de aceptación desta revisión de esbozo.
Terceiro. O 10.9.2025 a CMVMC de Vilar solicita a modificación desta revisión, consistente na exclusión da parcela de propiedade particular con referencia 36014A025004750000YT de 1.641 m2, que foi incluída por erro.
Cuarto. O 19.9.2025 o Servizo de Montes propón a modificación da revisión do esbozo (RE22025), consistente na exclusión da parcela de propiedade particular 36014A025004750000YT de 1.641 m2, de maneira que a superficie e perímetro da revisión con esta modificación é de 137,15 ha (superficie sen proxección) e 17,25 km revisados, respectivamente. Non se modifican os lindes establecidos na resolución do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra do 7.5.1979.
A proposta do Servizo de Montes é a presentada pola comunidade, excepto na adaptación aos deslindamentos do ano 2017 coa CMVMC de Xunqueira e coa CMVMC de Valeixe.
Quinto. O procedemento de revisión de esbozos de MVMC vén regulado na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Á vista do exposto, este xurado
ACORDA:
– Aceptar a modificación da revisión do esbozo do montes denominados Novelos, Pena Aguda e Requiáns (ID2625), segundo a proposta e planimetría elaborada polo Servizo de Montes.
Tal e como exixe o parágrafo 3 da disposición transitoria décimo terceira da LMG, esta aceptación da revisión do esbozo será posta en coñecemento da Comunidade de Montes propietaria e publicada no DOG para coñecemento do resto de posibles persoas interesadas.
Pontevedra, 30 de outubro de 2025
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
