DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 2025 Páx. 59004

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica de delineantes, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro), pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 6 de novembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 10 de decembro de 2024 (DOG núm. 241, do 16 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica de delineantes, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Publicar os resultados obtidos polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica de delineantes, no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio da oposición as persoas aspirantes que obtiveron o resultado de apto/a.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2025

Beatriz Moar Ulloa
Presidenta do tribunal