DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 2025 Páx. 59042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados polo proxecto Adecuación CT Albaredo-27C508 (Baleira) (expediente IN407A 2023/08-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio comunícanse a todas as persoas interesadas os pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados polo proxecto Adecuación CT Albaredo-27C508 (Baleira), que se realizarán na Casa do Concello de Baleira, segundo segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade.

Lugo, 3 de novembro de 2025

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/08-2.

Entidad beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Adecuación CT Albaredo-27C508.

Convocatoria para o pagamento dos prezos xustos no concello de Baleira.

Concello

Titular

Día

Hora

Predio

Baleira

Xunta Veciñal de Albaredo (representante fiscal)

11.2.2026

10.00

1 e 2