DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 2025 Páx. 59228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 17 de novembro de 2025 polo que se corrixe o erro do Anuncio do 5 de novembro de 2025 de trámite de información pública do estudo de impacto ambiental do proxecto de remodelación das instalacións portuarias de Corcubión (expediente PRG-2021-0338).

Advertido un erro no contido do documento do proxecto básico de remodelación das instalacións portuarias de Corcubión na ligazón https://portosdegalicia.gal/es/web/portos-de-galicia/procesos_informacion_publica da páxina web de Portos de Galicia publicado no citado anuncio, no Diario Oficial de Galicia número 218, do 11 de novembro de 2025, procedese á corrección do erro incorporando na dita ligazón o documento correcto do referido proxecto básico.

Polo tanto, disponse á apertura dun novo prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio de corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2025

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia