DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 2025 Páx. 59205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles notifica as persoas interesadas a constitución do depósito de pagamento do prezo xusto polas afectacións derivadas da construción dunha instalación eléctrica no concello de San Cristovo de Cea (expediente IN407A 2024/24-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio cítanse os titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, dos depósitos de pagamento do prezo xusto acordado mediante a Resolución do Xurado de Expropiación de Galicia e os xuros de demora, relativos ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBTA As Fontaíñas, situada no concello de San Cristovo de Cea.

As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Na comparecencia terán que presentar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Ourense, 4 de novembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/24-3.

Instalación: LMTA, CTI e RBTA As Fontaíñas.

Concello: San Cristovo de Cea.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Data dos depósitos: 21 de outubro de 2025.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

4

A Fonte

32077A014003780000AM

José González Ada

9

A Fonte

32077A014038300000AU

Descoñecido/a

11

Arecima

32077A014003950000AU

Descoñecido/a

16

Arecima

32077A014007450000AU

Descoñecido/a

18

Arecima

32077A014007470000AW

Descoñecido/a

25

Arecima

32077A014007140000AH

Descoñecido/a

27

Arecima

32077A014007120000AZ

Descoñecido/a

29

Arecima

32077A014007100000AE

Descoñecido/a

30

Arecima

32077A014007090000AZ

Descoñecido/a

34

Arecima

32077A014007000000AO

Descoñecido/a

37

Arecima

32077A014006990000AO

Milagros Otero

41

Tras das Xestas

32077A015000400000AK

Milagros Otero

42

Tras das Xestas

32077A015000380000AR

Descoñecido/a

45

Tras das Xestas

32077A015001010000AO

Descoñecido/a

46

Tras das Xestas

32077A015000960000AL

Descoñecido/a

49

Tras das Xestas

32077A015000970000AT

Herdeiros de Antonio Bermúdez