DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 2025 Páx. 59203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados polo proxecto de Instalación dun reconectador TC no apoio número 267/1 da LMTA BCR807 (Cervantes) (expediente IN407A 2022/34 ATE).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio comunícanselles a todas as persoas interesadas os pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados polo proxecto de Instalación dun reconectador TC no apoio núm. 267/1 da LMTA BCR807 (Cervantes), que se realizarán na casa do Concello de Cervantes, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representados por unha persoa debidamente autorizada, e amosar o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade.

Lugo, 4 de novembro de 2025

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/34 ATE.

Entidad beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Instalación dun reconectador TC no apoio núm. 267/1 da LMTA BCR807.

Convocatoria para o pagamento dos prezos xustos no Concello de Cervantes.

Concello

Titular

Data

Hora

Predio

Cervantes

Descoñecido

25.2.2026

11.30

1 e 2