DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 19 de novembro de 2025 Páx. 59830

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022.

Mediante a Resolución desta dirección xeral, do 26 de decembro de 2022 (DOG núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), realizouse a convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área.

Así mesmo, mediante as resolucións desta dirección xeral, do 4 de abril (DOG núm. 69, do 9 de abril), do 15 de abril (DOG núm. 77, do 23 de abril) e do 20 de xuño de 2025 (DOG núm. 123, do 30 de xuño), publicáronse o nomeamento e a adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022.

A base 10.4 da resolución de convocatoria prevé que, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso, se cubrirá a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionadas, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Realizados os procesos de elección de destino das especialidades en que resultaron prazas vacantes logo das resolucións de nomeamento do 4 e 15 de abril e do 20 de xuño de 2025, e ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2022, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Coa finalidade de asegurar a cobertura das prazas convocadas neste proceso extraordinario de estabilización polo sistema de concurso de méritos, e segundo o que establece a base 10.4 da resolución de convocatoria, realizouse a oferta das prazas que resultaron vacantes en cada unha das seguintes especialidades á/ás nova/s persoa/s aspirante/s incluída/s inmediatamente a continuación pola orde de prelación que resultou da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso:

• Facultativo/a especialista en Medicina do Traballo.

• Facultativo/a especialista en Pediatría e as súas áreas específicas.

• Facultativo/a especialista en Radiodiagnóstico.

De acordo coa convocatoria, quedaron sen efecto todas as actuacións dos/das aspirantes seleccionados/as que, no prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionaron os destinos que se ofertaron pola orde de prelación que consideraron, non resultaron adxudicatarios/as de ningún destino polo que optaron ou renunciaron á dita elección.

Tamén se recolle na base novena que as persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar neste proceso selectivo non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

As actuacións destas persoas aspirantes no concurso de méritos quedan anuladas e decaen en todos os dereitos derivados da súa participación.

Segundo. Nomear persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área as persoas aspirantes que se inclúen no anexo I desta resolución.

Adxudicarlles ás ditas persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no referido anexo I.

Terceiro. Declarar finalizado o proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas seguintes especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022, sen prexuízo do previsto na base 10.4 da resolución de convocatoria para o suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso:

• Facultativo/a especialista en Medicina do Traballo.

• Facultativo/a especialista en Pediatría e as súas áreas específicas.

• Facultativo/a especialista en Radiodiagnóstico.

Cuarto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento no seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

No entanto, en casos de forza maior, e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación ás prazas adxudicadas comportará o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

Quinto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio e nun prazo non superior aos seis meses, contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, se consta rexistrada en Fides/expediente-e e foi debidamente validada.

Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I
Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos

Facultativo/a especialista en Medicina do Traballo

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***2143**

RUIZ RINCON, CAROLINA

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Hospital Público de Monforte

Monforte de Lemos

-

Facultativo/a especialista en Pediatría e as súas áreas específicas

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***8052**

GARCIA ALONSO, LAURA

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

-

***3264**

LOPEZ FERNANDEZ, ANA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

***6073**

RENDO VAZQUEZ, ALICIA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

***3653**

VAZQUEZ GOMEZ, LORENA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Valdeorras

Barco de Valdeorras, O

-

Facultativo/a especialista en Radiodiagnóstico

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***8955**

ILLADE FORNOS, ALFONSO

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Valdeorras

Barco de Valdeorras, O

-

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.