O 6.10.2025, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas ditou a resolución pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, e a compatibilidade cun dereito mineiro, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente a obras de regulamentación na LMT BRT803, no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña), que promove UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2024/105-1). Esta resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 208, do 28 de outubro de 2025.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo deste anuncio para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma ao resultaren descoñecidos/as os/as interesados/as.
As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, sita na rúa Avelino Pousa Antelo, 5, Santiago de Compostela (Edifico Inega-San Lázaro), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2025
Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas
ANEXO
|
Propietario/a |
Datos do predio afectado |
||||
|
Predio proxecto |
Referencia catastral |
Concello |
Lugar |
Cultivo |
|
|
Descoñecido/a |
1 |
15044A007012670000EU |
Malpica de Bergantiños |
Balsa |
Rústico |
|
Descoñecido/a |
3 |
7719911NH1971N0001JW |
Malpica de Bergantiños |
Buño |
Rústico |
